sitios web e blogs en galego

Lanza o teu propio recuncho na rede

Crea un sitio para publicar o que fas, pensas ou sabes. Cun enderezo nome.fala.gal, un deseño preparado para ti e sen ter que ocuparte da parte técnica. De balde e sen anuncios.

Desde 2020, persoas e colectivos publican en fala os seus blogs, proxectos, asociacións, medios, iniciativas musicais e espazos educativos.

O escritorio de fala: o teu espazo para publicar, en galego

O teu enderezo

fervenzaronselabrentecarballo.fala.gal

Por que publicar un sitio web

O que publicas merece un lugar no que quedar

01

Un enderezo para o teu proxecto

Cada sitio ten un enderezo recoñecible, como ofiunchо.fala.gal. Podes compartilo, enlazalo e utilizalo como punto de referencia para reunir todo o que publicas.

Unha web persoal feita en fala.gal

02

Un arquivo que medra contigo

Cada artigo queda accesible e organizado por data e tema. Non desaparece nun feed. Co tempo, a túa web convértese nun arquivo de todo o que vas publicando.

O arquivo dun blog en fala.gal

03

En galego desde o principio

A web, o escritorio e as ferramentas están en galego desde o primeiro momento. Non é unha tradución engadida ao final. A lingua é a razón pola que existe fala.gal.

O escritorio en galego

Deseños preparados para comezar

Non tes que deseñar desde cero

Usa seccións xa deseñadas para construír as túas páxinas e adáptaas ao teu contido. Podes combinar diferentes padróns e cambiar cores, tipografía e outras opcións visuais sen tocar código ata conseguir algo como o que ves:

Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal
Un deseño de sitio feito en fala.gal

O que consegues

Un sitio ao que enviar a xente

Un enderezo fácil de lembrarColle nun cartel, nunha tarxeta, nun perfil ou ao final dun concerto.
Un lugar onde te poden atoparO que publicas non queda perdido nun feed. Ten o seu propio enderezo e pode aparecer en Google ou nas IAs.
Comeza de balde e sen anunciosNon pagas por crear o sitio e Fala non engade publicidade nos teus contidos.
Contidos que podes levarDescarga as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios cando queiras.
Sen ocuparte da parte técnicaFala encárgase do mantemento, das actualizacións e da infraestrutura para que ti poidas dedicarte a publicar.
Para todos os dispositivosOs deseños adáptanse ao móbil, á tableta e ao ordenador.

Exemplos de uso

Un blog persoalTextos, fotografías, investigacións ou ideas nun mesmo lugar.
Un proxecto culturalNovas, obras, concertos, publicacións e información práctica.
Unha asociaciónActividade, convocatorias, documentos e información para a comunidade.
Unha web profesionalServizos, traballos, sobre a empresa e unha forma clara de contactar.

Como funciona

Crea a túa web en dous minutos

O asistente acompáñate durante a alta para preparar as bases do sitio. Escolles o nome, indicas o correo e tomas unhas poucas decisións iniciais. Fala deixa todo preparado para que poidas empezar a publicar.

O asistente de creación de fala.gal
A alta paso a pasoUn proceso guiado para crear a conta e deixar preparado o teu sitio sen configuracións técnicas.
Os modelosUtiliza padróns xa deseñados para construír páxinas sen ter que empezar desde cero.
Os bloquesEngade, move e combina textos, imaxes, botóns e outras pezas para crear cada páxina ao teu xeito.
O panel de controlUn panel propio e en galego para escribir, publicar, organizar o contido e xestionar o teu sitio.

Publica na túa casa

Un lugar para os teus contidos. Créao en dous minutos e de balde. Sen instalar nada, sen anuncios: o teu espazo para publicar en galego.