Lanzamos a versión 0.6.1 de Fala!, a rede de sitios web gratuitos en galego.
- Temas. Modificación nos temas Astra, GeneratePress, Hestia, Neve e Sydney para deshabilitar funcións, opcións e botóns que non se poden utilizar ao non ter o premium (e que distraen ao usuario).
- Plugins. Modificación en Astra Widgets para deshabilitar funcións e opcións que non se poden utilizar ao non ter o premium (e que distraen ao usuario).
- Escritorio. Ocultación de opcións non esenciais relacionadas co tema activo.
- Seguridade. Aumento de 3 a 10 fallos o bloqueo de usuario por login incorrecto.