Inicio Blog Xa teño conta

Agora.gal colabora con Fala!

Formalizamos unha colaboración e un entendemento que xa ten un tempo.

agora.gal é unha plataforma de agregación e distribución de contidos dixitais. Esta iniciativa quere aportar valor para os proxectos que apostan pola comunicación en galego, aumentando a visibilidade e o tráfico das súas webs, e tamén para os lectores, que terán na mesma páxina unha porta aberta a fontes moi diversas.

agora.gal pretende ser un espazo de encontro de creadoras e creadores en galego.

Agora mesmo contan con máis de corenta proxectos asociados, pero queren seguir medrando.

Para iso, podes picar nesta ligazón e dar de alta o teu blogue en agora.gal. Unha vez procesen a túa solicitude o teu contido aparecerá na súa web e nas redes do medio.

Anxo Sánchez

Escrito por

Anxo Sánchez

Deseñador web. Xestiono fala.gal desde 2020 e estou a reconstruíla enteira. Escribo aquí o proceso, incluído o que sae mal.

Deixa un comentario