Asociacións e colectivos

O teu espazo aberto á comunidade

Conta o que facedes nun sitio en galego: actividades, convocatorias, novas e información da entidade. Un lugar de referencia para socios, participantes e veciñanza, sen depender dunha rede social para que todo siga localizable.

O sitio dunha asociación feito en fala.gal

amencer.fala.gal

Por que Fala?

Pensado para colectivos

Conta o que facedes Actividades, convocatorias e novas reunidas nun mesmo lugar, fáciles de compartir e de consultar.
Un punto de referencia para a comunidade Quen queira saber que fai a entidade, como participar ou cal é a próxima actividade sabe onde buscar.
Coidado, sen complicarse Fala encárgase da parte técnica. Ti podes adaptar cores, tipografía e disposicións e utilizar padróns xa preparados sen tocar código.
Comparte as actividades Cada convocatoria ten o seu propio enderezo para difundila por redes, mensaxería, correo ou onde queiras.
O arquivo da entidade Novas, convocatorias, documentos e outros contidos quedan organizados para poder consultalos e volver compartilos máis adiante.
Que atopen a entidade A web ten un enderezo recoñecible e unha estrutura preparada para que os buscadores poidan entender e indexar o contido.

O que podes crear

Un sitio para facer visible o que facedes

Estes son exemplos de webs creadas coas opcións, padróns e ferramentas de deseño de Fala.

Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal

Dálle un sitio á túa entidade

Créao en dous minutos e de balde. Un espazo en galego para informar, publicar e manter a actividade organizada.