Centros educativos
Un lugar para o que creades na aula
Crea un espazo en galego para blogs de aula, proxectos, revistas escolares ou actividades de dinamización lingüística. Publica o traballo do centro nun sitio sen anuncios, accesible tamén fóra da aula.

aulaverde.fala.gal
Por que Fala?
Pensado para a aula
Blogs e proxectos de aula
Publica textos, fotografías, recursos e traballos nun lugar que o alumnado poida ver, compartir e consultar tamén despois da actividade.
Publicar tamén é aprender
Dálle ao alumnado un motivo real para escribir, crear e comunicar en galego: facer algo que outras persoas poidan ler fóra da aula.
Galego para usar
Leva á rede o que xa facedes no centro. Proxectos, revistas, actividades e recursos pasan a formar parte do contido en galego dispoñible na web.
Sen complexidade técnica
Non tes que instalar nin manter nada. Fala encárgase da parte técnica e non introduce anuncios nos sitios.
Un arquivo para cada proxecto
Organiza publicacións por temas e datas para que o traballo dun curso ou dunha actividade non desapareza cando esta remata.
Comparte coa comunidade educativa
Cada publicación ten o seu propio enderezo para enviala ás familias, compartila nas redes do centro ou enlazala desde a súa web.
O que podes crear
Un espazo para o que facedes no centro
Estes son exemplos de sitios educativos construídos coas opcións, padróns e ferramentas de deseño de fala.
Leva a aula á rede
Créao en dous minutos e de balde. Un espazo en galego para publicar, compartir e conservar o traballo do teu centro.






