Comentarios

10 thoughts on “Comentarios

  1. Xabier

    Ola, activei a paxina máis aparece como páxina non segura tapicesgalicia.fala.gal

    Advertencia de contraseña no segura en Firefox

    Reply
    1. Anxo Sánchez Post author

      Boa tarde, Xabier.

      Si, polo momento non funciona o certificado de seguridad HTTPS na rede. Será unha das melloras importantes que se incluirán nas próximas semanas. Polo momento estanse metendo diariamente outras opcións e funcionalidades.

      Aínda así, iso non quere dicir que a túa contrasinal sexa pública ou que se garde sen cifrar na base de datos. Traballaremos sobre iso 🙂 Grazas por comentar!

      Reply
  2. QFB

    Boas,
    o primeiro, parabéns pola iniciativa!!!

    e agora o problema… activei o tema colibrí, mais ao tentar instalar as “colibri page builder” queda dando voltas e máis voltas…

    algunha idea de como podo arranxalo?

    Reply
    1. Anxo Sánchez Post author

      Moi boas! E moitas grazas por estar na rede 🙂

      Si. Ese problema vaise dar sempre que se intente activar un plugin / complemento que non estea previamente instalado na rede.

      O tema é que imos instalando os recursos pouco a pouco no tempo que temos e seleccionando os máis interesantes para o principio (a idea é que a rede creza o suficiente para ter moitos complementos e que cada usuario poida elixir os que precise).

      Algúns deses complementos que está previsto meter case de xeito inmediato son os que lles dan máis funcionalidades aos temas, entre os que está o Colibri Page Builder.

      Saúdos!!

      Reply
  3. Eu

    Boas! No tema Hestia a data dos artigos aparece en inglés: Published by (autoría) on (data), e tamén dentro dos artigos pon “X hours ago”, “categories” e “comments”. Pódese cambiar isto nas configuracións? Porque non o atopei…

    Graciñas polo traballazo

    Reply
    1. Anxo Sánchez Post author

      Moi boas! Pois as traducións cóllense automaticamente das que a comunidade de WordPress fai (facemos), e se aínda aparecen textos en inglés é porque esa parte non está traducida aínda. Iso quere dicir que por defecto, e sen outros cambios, non se pode cambiar. Quizáis cando a rede medre podería ser interesante organizar algún evento de tradución para axudar a WordPress a que fale máis galego. Saúdos!!

      Reply
  4. arcay

    Boas Anxo!
    Levo tempo seguindo esta iniciativa porque penso que´ é unha opción ben interesante.
    Gustaríame saber como podo facer para que o formulario de contacto que engadín nunha das páxinas poida verse ben cando o publico.
    Apertas

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *