Como funciona
O teu lugar en Internet en tres pasos
01
Crea a túa web
Escolle o nome, indica o teu correo e toma unhas poucas decisións iniciais. En dous minutos tes o sitio preparado para empezar.

02
Escribe e deseña
Publica entradas e páxinas cun editor claro e en galego. Adapta cores, tipografía e disposicións e utiliza padróns xa preparados sen tocar código.

03
Publica e comparte
O teu sitio queda en liña cun enderezo como nome.fala.gal, listo para compartir. Cada publicación ten o seu propio enderezo e pasa a formar parte dun arquivo que medra co tempo.

Que inclúe
Todo o necesario para empezar a publicar
Preguntas rápidas
O que adoita preguntarse
É de balde?
Si. Crear e manter un sitio en fala é de balde e fala non introduce anuncios nos teus contidos.
Podo marchar co meu contido?
Si. Podes descargar as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios e levalos contigo cando queiras. O teu contido non queda atrapado en fala.
Preciso saber de tecnoloxía?
Non. A experiencia está pensada para crear, publicar e xestionar o sitio desde un panel en galego. fala ocúpase da infraestrutura, das actualizacións e do mantemento técnico.
Podo usar o meu propio dominio?
Non polo de agora, malia que a futuro esperemos que si. Actualmente cada sitio ten un enderezo do tipo nome.fala.gal. Non é un dominio propio, pero podes utilizalo como enderezo público do teu proxecto e compartilo onde queiras.
Crea a túa web en galego.
En dous minutos e de balde. Escolle o nome, crea o teu sitio e empeza a publicar.