Creadores e artistas
Que a túa obra teña casa propia.
Publica os teus textos, música, fotografía ou traducións nun sitio en galego onde poidas reunilos, organizalos e compartilos. Sen anuncios sobre o teu traballo e sen depender dun feed para que o publicado siga aí mañá.

musicadocourel.fala.gal
Por que Fala?
Pensado para quen crea
Escribe sen ruído
Un editor claro e en galego para concentrarte no que queres publicar. O que escribiches onte non queda enterrado porque hoxe publiques outra cousa.
Un arquivo que medra coa túa obra
Textos, música, fotografía ou proxectos organizados por data e tema. Cada publicación queda accesible, enlazable e preparada para volver a ela cando queiras.
Un deseño que podes facer teu
Parte dunha estrutura que xa funciona e utiliza padróns preparados para construír as túas páxinas. Escolle cores, tipografía e outras opcións visuais sen ter que tocar código.
Comparte o que publicas
Cada publicación ten o seu propio enderezo para compartila onde queiras. Tamén podes incorporar vídeo, música e outros contidos externos.
Que o teu traballo poida atoparse
O teu contido vive nunha web aberta, con enderezos propios e unha estrutura preparada para que os buscadores poidan entendelo e indexalo.
Lévao contigo
Podes descargar as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios cando queiras. O teu contido non queda atrapado en fala.
O que podes crear
Un sitio tan persoal coma o que fas
Non son modelos pechados que teñas que escoller. Son exemplos de sitios construídos coas opcións, padróns e ferramentas de deseño de Fala.
Dálle unha casa ao que creas
En dous minutos e de balde. Un espazo en galego para publicar, organizar e compartir o teu traballo.






