David Viña, colaborador de Fala!, explícanos TIPs básicos para a rede

WordPress é software libre.

E iso permíteche acceder ao código, pero tamén ao contido. Existen ferramentas (ou redes sociais) nas que nós investimos tempo en crear e compartir, mais se nalgún intre pecha… acabouse.

Pero o que é teu, telo ti. É unha das grandes vantaxes de WordPress. O contido é teu, e sempre será teu.

Esta é unha das grandes razóns polas que David Viña recomenda WordPress para levar adiante os teus proxectos na web. Recorda que WordPress é a ferramenta sobre a que está construída Fala.

David é desenvolvedor web con amplos coñecementos en programación e no ecosistema de WordPress, onde ten publicado plugins e participado na organizacións de eventos da comunidade.

Pasa a ser un dos colaboradores de Fala, axudando na parte de desenvolvemento e asesoramento técnico para todas as novas funcionalidades que se implementarán ao longo do tempo.

Aproveitamos esta coxuntura e pedímoslle que nos presente WordPress e nos dea unha serie de TIPs sobre a ferramenta.

Deixámosvos con el!

Deixa un comentario