Xa está: Fala 1.0 está aberta. Se queres crear unha web ou un blog en galego, xa podes facelo de balde.
Realmente así era ata o de agora.
Un sitio web de balde e en galego.
Porén desde hoxe cun panel completamente renovado, moitas ferramentas novas e cunha base firme que lle permite escalar sen problemas.
Se queres crear un sitio novo
Entra en fala.gal/crear, escolle o enderezo e non tes máis que seguir o asistente. Confirma o teu correo e xa podes comezar a dar forma ao teu sitio.
Se xa tes un sitio en fala.gal
Non precisas crear outro. Entra no escritorio do teu sitio e abre O novo deseño. Alí preme en Ver como quedaría para velo co teu contido antes de decidir.



Revisa a portada, os artigos e o menú. Se che gusta, escolle Quedar co novo deseño. Se prefires manter o que tiñas, escolle Volver ao deseño anterior.
Durante a proba, os cambios que fagas non se gardan: primeiro debes decidir cambiar e despois continúa editando.



Comeza xa!

Deixa unha resposta