A Asociación .GAL é a entidade que está detras de ter presentado a cadidatura e conseguido o dominio galego .GAL.
PuntoGal xestiona o rexistro e fomenta a venda de dominios .GAL co obxectivo de crear e manter unha comunidade relevante arredor da lingua e a cultura galegas.
O convenio de colaboración entre PuntoGal e Fala inclúe a posibilidade de que todas as persoas que abran un sitio en Fala poidan mercar un dominio .GAL ao prezo reducido de 13€ máis IVE.
Para faceres efectiva a oferta, teredes que utilizar códigos promocionais a través dos rexistradores que colaboran na promoción que ten activa PuntoGal, Dinahosting e Entorno Digital.