Inowol colabora con Fala!

Inowol, ou Antón, é unha das caras máis recoñecibles e veteranas do streaming en galego.

Atopámolo todas as semanas compartindo análises da actualidade do mundo dos videoxogos e gameplays de moitos e diversos títulos.

Antón pasa a ser un dos colaboradores de Fala, e axudará a popularizar a rede entre a comunidade do streaming en galego. Recíprocamente, Fala! será un dos patrocinadores das súas emisións.

As comunidades en galego xunt@s somos máis fortes!

Queres coñecer máis? Preséntase el mesmo: emito dende o noroeste da Galiza. Leo as novas de videoxogos un anaco mentres tomo o café, e logo me poño a xogar e facer o parvo.

A que xogo? Un pouco de todo, dende PUBG ata Sims 4 pasando por cousas como Zelda BOTW ou indies varios.

Sempre é benvida xente nova 🙂

Podes atopar todo o que fai nas súas redes sociais:

Deixa un comentario