Medios e revistas
Un lugar para todo o que publicas
Crea unha cabeceira en galego onde publicar novas, artigos ou reportaxes e organizalos por seccións. Cada peza queda accesible, enlazable e preparada para seguir sendo atopada despois de publicala.

sentella.fala.gal
Por que Fala?
Pensado para publicar
Publica con facilidade
Un editor claro e en galego para escribir, revisar e publicar sen ter que ocuparte da parte técnica da web.
Organiza por seccións
Agrupa o contido por temas, categorías e datas para que quen chega ao medio poida seguir explorando máis alá da última publicación.
Constrúe un arquivo
Cada artigo conserva o seu propio enderezo e pasa a formar parte dun arquivo que medra con cada nova publicación.
Que poidan atoparte
O medio ten un enderezo recoñecible e unha estrutura preparada para que os buscadores poidan entender e indexar o contido.
Boletín propio
Recolle subscritores e chega directo á caixa de correo dos teus lectores.
Comparte cada peza
Botóns a redes para amplificar cada publicación cun clic.
O que podes crear
Dálle forma ao teu medio
Estes son exemplos de medios e publicacións construídos coas opcións, padróns e ferramentas de deseño de Fala.
Publica o teu medio
Créao en dous minutos e de balde. Un espazo en galego onde publicar hoxe sen perder o que publicaches onte.






