Negocios e profesionais

Unha web coidada, sen complicacións

Presenta o teu proxecto en galego cunha web clara e profesional: explica que fas, mostra o teu traballo e deixa claro como contactar contigo. Sen ter que ocuparte da parte técnica nin pagar por manter o sitio.

A web dun negocio feita en fala.gal

obradoiro.fala.gal

Por que Fala?

Pensado para profesionais

Explica ben o que fas Presenta os teus servizos, o teu traballo e quen hai detrás do proxecto nun lugar no que un posible cliente poida entender rapidamente o que lle podes ofrecer.
Facilita o contacto Deixa visibles os teus datos de contacto e indica claramente como pode falar contigo quen estea interesado no que fas.
Que te poidan atopar Ter unha web dálle ao teu proxecto un enderezo recoñecible e contidos que os buscadores poden entender e indexar.
Unha imaxe coidada Parte dunha estrutura que xa funciona e utiliza padróns preparados para construír as túas páxinas. Adapta cores, tipografía e outras opcións visuais sen contratar unha axencia nin tocar código.
Comparte o teu traballo Cada servizo, proxecto ou novidade pode ter o seu propio enderezo para compartilo por redes, correo, mensaxería ou onde queiras.
Sen ataduras Podes descargar as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios cando queiras. O teu contido non queda atrapado en fala.

O que podes crear

Unha web á altura do teu proxecto

Estes son exemplos de webs profesionais construídas coas opcións, padróns e ferramentas de deseño de Fala.

Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal
Un deseño en fala.gal

Pon o teu proxecto na rede

Créao en dous minutos e de balde. Unha web en galego para explicar o que fas e ter un lugar ao que enviar os teus clientes.