Normas para o usuario

Última actualización: 31 de outubro de 2021

FALA.GAL cre firmemente na liberdade de expresión e o noso servizo está deseñado para permitir aos usuarios expresar libremente calquera idea ou opinión sen que nós a censuremos ou a apoiemos. Este isto, hai algunhas categorías de contido e comportamento que non permitimos porque as consideramos prexudiciais para a comunidade.

Para ser transparentes sobre o que está e non está permitido no seu sitio, reunimos este conxunto de directrices.

A seguinte actividade/material non está permitido en FALA.GAL:

  • Contido e conduta ilegal.
  • Pornografía.
  • Apostas.
  • Contido tecnolóxicamente lesivo. Malware, phishing, roubos…
  • Contido lesivo para a integridade física ou moral das persoas.
  • Violencia.
  • Discriminación.
  • Odio.
  • Racismo.
  • Spam ou contido xerado por máquinas.

Dentro de cada unha destas categorías de actividade/material pódense incluír multitude de comportamentos, sobre todo na primeira categoría, por tanto, reservámonos o dereito para interpretar e determinar se unha determinada actividade/material poida ser susceptible de encaixar nalgunha delas.

No caso de que teñas dúbidas sobre se o que queres publicar é susceptible de considerámola como unha actividade/material prohibido ponche en contacto connosco enviando un email a soporte@fala.gal.

Estas directrices non son exhaustivas e están suxeitas a cambios.

Reservámonos o dereito para eliminar calquera sitio que empregue os nosos Servizos se entendemos que o seu contido supón unha infracción destas Directrices do usuario.

Estas directrices forman parte das nosas Condicións Xerais e teñen que interpretarse e aplicarse  xuntamente con aquelas.

Se crees que un sitio deFALA.GAL violou os nosos termos de servizo ou calquera destas políticas, por favor reporta o sitio enviando un email a soporte@fala.gal. Recibida a comunicación adoptaremos as medidas oportunas.