Ata agora crear un sitio en Fala.gal consistía principalmente en completar un formulario.
Despois dese formulario aparecía unha instalación de WordPress e cada persoa tiña que descubrir que facer con ela.
O novo sistema cambia ese inicio. Crear unha web pasará a ser un proceso guiado de catro pasos que deixa preparada unha base útil.
Primeiro paso: identificar o sitio

O asistente pedirá a información básica necesaria para identificar a web e crear o seu enderezo.
Segundo paso: identificarte ti

Só un email é preciso para comezar.
Terceiro paso: escoller o tipo de proxecto

A intención é saber se se trata dun blog, dunha asociación, dun proxecto profesional ou doutra clase de sitio.
Esta elección servirá para preparar un punto de partida adecuado: crear páxinas automáticamente, configuracións etc.
Mais non te preocupes co que elixes. Sempre o poderás cambiar despois.
Cuarto paso: elixir un estilo

O sitio utilizará o tema fala desde o primeiro momento.
Poderase escoller unha das variacións dispoñibles para definir a aparencia inicial. Esa elección non será definitiva: as cores e tipografías poderán modificarse despois.
Que pasa despois

A partir de aquí xa só queda crear. Así é como se ve o panel.
Adiante!

Deixa unha resposta