Orgullo Galego colabora con Fala!

Orgullo Galego é a primeira iniciativa que se une a colaborar con Fala nesta etapa previa ao lanzamento da versión 1.0. Únese así a Dinahosting, que desde o principio nos acompaña como servizo que aloxa a rede e permite o seu correcto funcionamento.

Queres coñecer máis? No camiño de dar a coñecer a rede ao conxunto do pobo galego iremos anunciando máis, polo que non esquezas pasar nos próximos días pola nosa páxina de amigas e colaboradoras!

Orgullo galego é a comunidade máis grande de internet, chegando a máis de 350.000 seguidoras e seguidores nas súas redes sociais. Contan tamén cunha páxina web e un grupo de Telegram.

Segundo eles mesmo din, Orgullo Galego son todas e todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía. En resumo, do noso xeito de ver a vida.

Pero tamén somos actualidade, denuncia e reflexión. Altofalante para a difusión de centos de iniciativas sociais, socialización de diferentes inxustizas e espazo aberto e en galego para todas e todos.

Podedes atopalos en orgullogalego.gal.

Deixa un comentario