Un espazo feito para ti
O teu proxecto tamén ten sitio
Un blog, un porfolio, un evento, un arquivo ou unha idea difícil de meter nunha categoría. Se tes algo que publicar en galego, fala dáche un lugar onde facelo sen ter que saber de webs.

recuncho.fala.gal
Por que Fala?
Para proxectos que van ao seu xeito
Escribe e publica
Textos, fotografías, vídeos, recursos ou novidades. Organiza o que publicas e dálle un lugar ao que poder volver.
Faino ao teu xeito
Utiliza padróns xa preparados para construír as túas páxinas e adapta cores, tipografía e outras opcións visuais sen tocar código.
Un enderezo para compartilo
O teu sitio ten un enderezo como nome.fala.gal. Podes poñelo nun cartel, nun perfil, nunha tarxeta ou envialo directamente a quen queiras.
Que poidan atoparte
O que publicas ten enderezos accesibles e unha estrutura preparada para que os buscadores poidan entender e indexar o contido.
Lévao contigo
ExPodes descargar as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios cando queiras. O teu contido non queda atrapado en fala.
De balde e sen anuncios
Crear e manter o sitio non che custa nada e fala non introduce publicidade nos teus contidos.
O que podes crear
Un sitio para unha idea que non necesita etiqueta
Estes son exemplos de proxectos distintos construídos coas opcións, padróns e ferramentas de deseño de Fala.
Crea o teu espazo en galego
Créao en dous minutos e de balde. Sexa o que sexa o teu proxecto, aquí ten sitio.






