“É unha plataforma sinxela e intuitiva que che permite traballar en galego e ter o dominio .GAL”

Media Laranxa é outro dos sitios de Fala que destaca polo seu numeroso contido e actividade. Lingua e cociña mestúranse demostrando que todo tema é bo para crear e galego.

Deisámosvos con ela:

Quen es e cal é o teu sitio? De que trata?

Son Noemí García, unha profe de galego que decidiu unir dúas das súas paixóns, a cociña e a lingua, e abrir o blog medialaranxa.fala.gal para compartir receitas e dar dicas sobre o un uso correcto do galego no ámbito da gastronomía.

Por que decidiches crear ese contido?

Para as persoas que nos gusta cociñar e gozar da comida probando pratos e sabores novos é difícil encontrar receitas en galego que non sexan as típicas de sempre. Por ese motivo, Media Laranxa naceu para dar resposta aos intereses actuais da sociedade galega con receitas veganas, saudábeis, virais etc., mais tendo sempre presente a nosa cultura gastronómica. Alén diso, medialaranxa.fala.gal creou un dicionario visual que pretende ser un punto referencia para aquelas persoas que quixeren mellorar a súa calidade lingüística neste ámbito.

Por que elixiches fala.gal para crealo?

Fala.gal permíteche crear o teu propio espazo na rede sen a necesidade de teres moitos coñecementos informáticos ao respecto. É unha plataforma sinxela e intuitiva que che permite traballar en galego e ter o dominio .gal.

Que atopas de positivo en fala.gal?

É un espazo accesíbel e gratuíto para todas as persoas cun montón de titoriais na nosa lingua.

Que pensas que o diferencia das Redes Sociais que usamos habitualmente?

A maior diferenza fronte a redes sociais como Instagram ou Facebook é a posibilidade de configurar o blog en función das túas necesidades. É un espazo creativo que se pode modificar ao teu gusto.

Que outras características pensas que poderían mellorar a rede?

A posibilidade de poder navegar polo plataforma para coñecermos outros sitios sería unha boa idea para dar maior visibilidade aos creadores de contido.

Recomendarías a unha amizade abrir un sitio en fala.gal? Se é así, que lle dirías?

Se estás a procurar un espazo para compartir contidos, fala.gal é unha boa opción pola súa sinxeleza e intuitividade á hora de configurar o teu espazo na rede.

Deixa un comentario