Os prezos de Fala

De balde e sen letra pequena

Crear e manter un sitio en fala é gratis. Sen anuncios nos teus contidos e sen cobrarche por empezar a publicar. Non é unha proba que caduca aos poucos días.

Por que podemos facelo

De balde, cun modelo que podemos explicar

Infraestrutura patrocinadaDinahosting patrocina desde 2020 a infraestrutura na que funciona fala. Ese apoio permite que manter os sitios en liña non dependa de cobrarlles ás persoas que publican.
Sen anunciosFala non introduce publicidade nos teus sitios. O que publicas non se convirte nun espazo para mostrar anuncios doutras marcas.
Non vendemos os teus datosAs estatísticas de fala están pensadas para ofrecer información útil sobre as visitas sen depender de plataformas publicitarias nin encher a web de rastrexadores de terceiros.
Sen atrapartePodes descargar as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios cando queiras. Se algún día decides marchar, o teu contido pode marchar contigo.

Preguntas de confianza

O que adoita preguntarse

É de balde de verdade?

Si. Actualmente podes crear, manter e publicar nun sitio de fala sen pagar. Non hai unha proba que caduque nin necesitas contratar un plan de pago para seguir publicando.

Quen paga isto?

Dinahosting patrocina a infraestrutura de Fala desde 2020. O resto do proxecto sostense co traballo voluntario e os recursos dedicados ao seu desenvolvemento e mantemento.

E se algún día cambia?

O modelo de fala pode evolucionar co tempo, pero hai algo que non depende diso: non queremos que quedes atrapado na plataforma. Podes descargar o teu contido e levalo contigo.

Podo usar o meu propio dominio?

Non polo de agora. Cada sitio ten un enderezo do tipo nome.fala.gal. Non é un dominio propio, pero podes utilizalo como enderezo público do teu proxecto e compartilo onde queiras. Estamos traballando para o dos dominios de alto nivel tipo nome.gal.

Comeza sen gastar nada

Crea o teu sitio en dous minutos e empeza a publicar en galego. De balde e sen anuncios.