Sobre fala

Queremos que publicar un sitio web sexa doado

Fala existe para facer máis doado publicar un sitio en galego. Para que unha persoa, unha aula, unha asociación ou un proxecto poida ter un lugar onde escribir, organizar o que fai e compartilo sen ter que aprender a manter unha web.

Un deseño de sitio feito en fala.gal

Ter unha web adoita significar escoller un dominio, contratar un servidor, instalar ferramentas, facer actualizacións e resolver problemas técnicos. Fala intenta quitar todo iso do medio.

Ti decides que queres contar e como organizalo. A plataforma encárgase da infraestrutura e dáche un enderezo nome.fala.gal, un sistema de deseño preparado para usar e as ferramentas necesarias para publicar.

Non queremos construír outro sitio no que o contido apareza un momento e desapareza nun fluxo. Queremos que cada publicación teña un enderezo, poida enlazarse, atoparse e seguir formando parte da web co paso do tempo.

Valores

O que guía Fala

Publicar sen anuncios fala non introduce publicidade nos sitios nin utiliza o teu contido como soporte para anuncios.
Saber onde estás Explicamos con claridade que inclúe fala, que limitacións ten e que cambios se producen no servizo.
Facelo sinxelo Quitamos opcións e complexidade cando non achegan valor para publicar.
Contido que pode marchar Podes descargar as túas entradas, páxinas, imaxes e comentarios cando queiras.
Un lugar de referencia O que publicas ten un enderezo, pode enlazarse e non depende de permanecer visible nun feed.
Feito para o galego A lingua non é unha tradución engadida ao produto. É a razón pola que fala existe.

Para entendernos

En que nos comprometemos

Nunca

  • Meteremos anuncios nos sitios para financiar fala.
  • Bloquearemos o teu contido para impedir que marches.
  • Utilizaremos trucos para dificultar que descargues o que publicaches.
  • Faremos que fala sexa unha rede social baseada nun feed ou nun algoritmo.
  • Obrigarémoste a saber de servidores, plugins ou código para poder publicar.
  • Trataremos o galego como unha tradución engadida ao final.

Sempre

  • Poderás descargar o teu contido e levalo contigo.
  • Explicaremos con claridade os cambios importantes no servizo.
  • Buscaremos un modelo que permita manter fala útil e sostible.
  • Escoitaremos a quen utiliza fala para publicar en galego.
  • Intentaremos facer simple todo o que non precisa ser complexo.
  • O galego estará no centro das decisións do proxecto.

Quen está detrás

Un proxecto independente que se constrúe pouco a pouco

Fala naceu en 2020 para facilitar que máis persoas publicasen na web en galego. Desde entón foi medrando con novos sitios, persoas usuarias e ferramentas. Non hai unha gran empresa detrás do proxecto. Hai moito desenvolvemento voluntario, mantemento, soporte e persoas que contribúen para que publicar en galego na web sexa cada vez máis fácil.

Anxo

Anxo

Impulsa, deseña e desenvolve fala.gal.

+
Súmate Podes axudar desenvolvendo funcionalidades, probando a plataforma, detectando erros, mellorando documentación, propoñendo recursos, difundindo o proxecto, levando redes, márketing…

Dinahosting patrocina desde 2020 a infraestrutura na que funciona fala. Este apoio axuda a facer posible que crear e manter un sitio siga sendo de balde.