Trae o teu sitio
Xa tes un blog? Non tes que empezar de cero
Se xa publicas en WordPress, Blogger ou noutra plataforma, podemos axudarche a traer o teu contido a fala para que continúes publicando en galego desde un novo sitio.

omeublog.fala.gal
Como se fai?
Trae o teu contido a Fala
1
Exporta o teu sitio actual
A maioría das plataformas permiten descargar unha copia dos teus contidos. O formato e o proceso dependen do servizo desde o que veñas.
2
Crea o teu sitio en Fala
Escolle o teu enderezo nome.fala.gal e prepara o novo sitio. En dous minutos xa tes o punto de partida.
3
Trasladamos o contido
Envíanos a exportación do teu sitio e revisamos contigo o traslado. Adaptaremos o contido ao funcionamento de Fala para que poidas continuar publicando sen empezar desde cero.
Con honestidade
Que podemos traer e que queda fóra
Podemos traer
- Entradas e páxinas, coas súas datas.
- Imaxes e outros ficheiros do sitio.
- Categorías e etiquetas.
- Comentarios, cando a plataforma de orixe os inclúa na exportación.
Non se traslada
- O deseño ou tema do sitio anterior: o novo sitio utiliza o sistema de deseño de fala.
- Plugins, extensións ou funcionalidades propias da plataforma anterior.
- O dominio ou enderezo anterior: o novo sitio terá un enderezo do tipo nome.fala.gal.
Se te atrancas, axudámoste co traslado. Cada plataforma exporta os contidos dunha maneira diferente. Se non sabes que ficheiro necesitas ou como obtelo, escríbenos e revisamos o teu caso.
Trae o que xa publicaches
Crea o teu sitio en fala e continúa desde onde o deixaches. En galego e de balde.