Log de cambios en Fala! · V 0.2.2

Lanzamos a versión 0.2.2 de Fala!, a rede de sitios web gratuitos en galego.

  • Actívase unha notificación no panel de administración de todos os sitios onde se mostran as últimas novidades e actualizacións da rede.
  • Signup (formulario de rexistro). Restrínxese a “galego” o idioma do interfaz do sitio á hora de crealo. Pódese modificar unha vez creado o sitio a castelán ou inglés.
  • Signup (formulario de rexistro). Por defecto a opción de indexación dos sitios está desactivada. Pódese cambiar á hora do rexistro ou nas opcións de Configuración -> Lectura.
  • Signup (formulario de rexistro). Mellora no deseño e nas explicacións do rexistro dun novo sitio.
  • Signup (formulario de rexistro). Ao rexistrar un blog aceptas que che enviemos unha newsletter.

Deixa un comentario