Log de cambios en Fala! · V 0.3

Lanzamos a versión 0.3 de Fala!, a rede de sitios web gratuitos en galego.

  • Novos temas dispoñibles. Instálanse os temas Twenty Seventeen, Ocean WP, Astra, Neve, Go, Hestia, Colibri WP, Sydney, Zakra, Resonar e Newsberg.

    Dispoñibles en toda a rede. Agora as/os usuarias/os teñen a posibilidade de activalos e utilizalos desde a opción Aparencia -> Temas. Probaos e mira cal che gusta máis!!

    Sumados aos 3 temas que existían até agora (GeneratePress, Twenty Twenty e Twenty Nineteen), están dispoñibles a maioría dos temas gratuitos máis populares do repositorio de WordPress.

    Os temas son os que controlan a estrutura e o deseño básico (cabeceira, pé de páxina, cores, tipografías, barras laterais, etc.). Queres poder instalar algún outro? Envíame un email a anxo@fala.gal e está feito :).

Deixa un comentario