Log de cambios en Fala! · V 0.5.3

Lanzamos a versión 0.5.3 de Fala!, a rede de sitios web gratuitos en galego.

  • Temas. Desactívase o tema ColibriWP da rede por mal funcionamento do personalizador custom. Os sitios con ColibriWP seguirán funcionando de xeito temporal até que se adapten a un novo tema.
  • Plugins. Substitúese Atomic Blocks (que se borra da rede) por Kadence Blocks como libraría de bloques para o deseño de páxinas. Algunhas estruturas de Atomic presentaban problemas no responsive, mentres que Kadence non.
  • Plugins. Ocúltanse as opcións de Kadence Blocks na rede. Funcionará igual en todos os sitios.
  • Plugins. Ocúltanse as opcións de Honeypot Antispam na rede. Funcionará igual en todos os sitios.
  • Deseño. Nova homepage adaptada a Kadence blocks.

Deixa un comentario