Lanzamos a versión 0.5 de Fala!, a rede de sitios web gratuitos en galego.
- Plugins. Deshabilítase a opción “plugins” no menú de administración. Activarase no momento que sexa útil para os usuarios.
- Plugins. Instalación e activación de plugins en toda a rede coas seguintes funcionalidades:
- Firewall. Evitar consultas maliciosas.
- Límite de intentos de login. Evitar ataques informáticos de forza bruta.
- Multisite CSS. Permite engadir código CSS (linguaxe de estilos) personalizado na opción Aparencia -> Personalizar.
- Tema Astra. Plugins básicos que melloran funcionalidades no tema Astra (plantillas de deseño, widgets, edición…).
- Tema ColibriWP. Plugin de construción do tema ColibriWP.
- Tema Neve. Instalación de plantillas de deseño.
- Temas. Bórranse o tema Twenty Seventeen e o tema Zakra. Quedarían un total de 12 temas para elixir.
- Desde hoxe o aloxamento de Fala! está patrocinado por Dinahosting.