Versións

O que imos lanzando

Aquí anotamos, con data, cada novidade e cada cambio de fala.gal. Se buscas artigos e contidos máis amplos, están no blog.

Outubro de 2026 Novidade

Fala 1.1

Lanzamento de novas funcionalidades: panel de categorías e etiquetas do blog, mellora da interface da biblioteca de medios, tamaños de logotipo, data das entradas e buscadores.

  • As categorías e etiquetas teñen pantalla propia: podes crealas, renomealas, xuntalas e borralas. Tamén podes escoller outra categoría por defecto e borrar «Sen categoría».
  • Medios: escolle varios ficheiros e bórraos á vez, filtra por tipo e nova grella de 3 ou 4 columnas. Antes de borrar avisámoste de onde está inserido cada medio.
  • O logo xa pode ser máis pequeno ou máis grande, desde Aparencia → Cabeceira.
  • Podes agochar a data das entradas, desde Axustes → Outras opcións.
  • Ao crear un sitio xa podes escoller que apareza nos buscadores.
Setembro de 2026 Mellora

Fala 1.0.1

Correccións de funcionalidades e estilos. Menú, editor de páxinas, subida e optimización de imaxes en formato PNG.

  • O menú admite agora ata 40 ligazóns, e pódese editar despois de migrar.
  • O editor de páxinas queda máis limpo: retíranse os botóns de ferramentas alleas a fala.
  • Subida de imaxes: os PNG con transparencia xa non dan erro e convértense a WebP.
  • No blog pódense editar o título e o subtítulo da banda de cabeceira, e o aviso da páxina de entradas é máis claro.
  • Máis claridade ao cambiar de deseño: a tarxeta «O novo deseño» aparece destacada mentres probas o cambio e a confirmación da alta e os primeiros pasos amósanse mellor.
  • Consentimento de cookies coas cores da túa paleta, tamén en modo noite. Arranxos na subscrición ao boletín.
Setembro de 2026 Novidade

Fala 1.0

A renovación completa de fala.gal. A rede estrea unha plataforma nova, feita para publicar en galego sen atrancos e sen saber de tecnoloxía.

  • Un escritorio propio en galego, sen a complexidade do administrador de sempre.
  • Aparencia por escollas: cores, tipografía e deseño a elixir, sen tocar código.
  • Un editor limpo, coas ferramentas que fan falta e nada máis.
  • Exporta o teu contido (entradas, páxinas e medios) e lévao cando queiras.
  • SEO e analítica propios, respectuosos coa privacidade, sen plugins de terceiros.
  • Un directorio de sitios para que te atopen e para descubrir o que se publica en galego.

Estrea a nova fala.

Crea o teu sitio en galego, de balde, e forma parte do que vén.